SanidadeÚltima hora

Incorpórase un novo traumatólogo ao Hospital de Valdeorras, que tamén coordinará a área cirúrxica

Publicidade
O doutor Santiago Camba./ Cedida.

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco vén de informar esta mañá da incorporación no mes de xullo dun novo traumatólogo ao Hospital Público de Valdeorras, que asumirá tamén a coordinación da Área Cirúrxica. Así, o novo coordinador, Santiago Camba Bouzas, conta con ampla experiencia de xestión sanitaria tras anos de servizo na administración pública, é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista en Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica, con praza en propiedade neste servizo do Hospital Universitario de Ourense desde 1990.

Camba coñece ben o hospital barquense, co que viña colaborando de xeito habitual na programación cirúrxica ordinaria e na cobertura de gardas, no marco de cooperación establecido dentro da Área Sanitaria para a continuidade asistencial. Asistencia que continuará prestando agora xa de xeito continuado.

Compaxinará esta función co papel de coordinador do bloque cirúrxico, que servirá de referencia para o amplo conxunto de profesionais que desenvolven o seu traballo nos quirófanos, servindo de conexión entre estes e a dirección do centro. A súa principal tarefa, segundo destaca o Sergas, será proporcionar un entorno de traballo orientado ao paciente e a maximizar a capacidade asistencial e recursos do hospital, facilitando que os profesionais poidan traballar cómoda e eficazmente.

Neste eido un dos seus principais retos será “a incorporación na asistencia diaria do novo equipamento diagnóstico e cirúrxico de alta tecnoloxía, como o novo arco radiocirúrxico recentemente adquirido, especialmente efectivo no seguemento radiolóxico en tempo real en intervencións cada vez mais frecuentes como os implantes de cadeira ou xeonllo, ou noutras moitas aplicacións como na cirurxía urxente”.

Obras no hospital

O Sergas tamén sinala que as obras da Unidade de Cirurxía Maior Ambulatoria, “neste intre en marcha, teñen por obxectivo ampliar a zona de atención preoperatoria, cunha nova área de estanza e control dos pacientes, con capacidade para camas e de cadeiras, cun control de enfermería, espazo que permitirá igualmente o seu peche para manter a privacidade. A súa mellora responde a o crecemento continuado deste tipo de intervencións que permiten evitar o ingreso”.

En paralelo, din, está activa a reforma e ampliación das instalacións do Hospital de Día de Oncoloxía e a Farmacia. Nesta última, estase creando unha nova zona de recepción-dispensación; outra para a almacenaxe de material; neveira de citostáticos e de colocación dos equipos de protección, por parte do persoal que traballa no interior das cabinas. Tamén haberá espacio para o laboratorio e unha área especifica para a realización do reenvasado. Todo elo supóns investimento conxunto superior aos 1,2 millóns de euros, o que que sumado a renovación de camas, mesillas, sillóns de pacientes e renovación de lámparas de quirófano superará os dous millóns de euros.

 

Artigos relacionados

Back to top button