CulturaCulturaÚltima hora

InCrescendo Colectivo propón un obradoiro de “crecemento persoal” para este Nadal

Consta de dúas sesións que se desenvolverán en Larouco e tamén Petín

 

Para “despedir o ano como mereces e prepararte para estrear a década dos teus soños”, InCrescendo Colectivo propón neste Nadal un obradoiro de “crecemento persoal” que se celebrará en dúas sesións en Larouco e tamén Petín.

“O cambio de década é un momento perfecto para renovar as ilusións. Precisamente, o obxectivo do obradoiro é facernos sentir que o futuro está nas nosas mans. Sen dúbida, o pasado e o presente tamén teñen moito que dicir ao respecto. Por isto, o obradoiro está dividido en dúas sesións”, explica Laura Fernández (Coach).

A primeira permitiranos coñecernos mellor e identificar todo aquilo que podemos “reducir, reutilizar ou reciclar” para dar o salto ao 2020 con ilusión, confiando na nosa capacidade de cumprir os nosos propios soños. Na segunda, coas forzas renovadas, deseñaremos unha estratexia personalizada que nos permita manter a motivación.

Neste caso, “o meu propio soño é ofrecer a cada participante a posibilidade de deseñar, desde o plano emocional, un “2020 á medida” e que o eido do crecemento persoal, xa consolidado no mundo urbano, se vaia afianzando tamén no rural”, conclúe Laura.

A primeira sesión desenvolverase mañá 27 de decembro ás 17 horas na Casa do Concello de Larouco. No mesmo lugar e á mesma hora, celebrarase a segunda sesión o día 3 de xaneiro. Os días 30 de decembro e 4 de xaneiro o obradoiro celebrarase na Biblioteca de Petín.

Máis información e inscricións: laura@increscendo.gal

 

Artigos relacionados

Back to top button