ConcellosÚltima hora

“Independence day”, no cinema de Verín esta fin de semana

Serán oito pases dende o venres até o domingo, no salón de actos da Casa da Cultura
O filme que proxectará o Concello de Verín esta fin de semana.
O filme que proxectará o Concello de Verín esta fin de semana.

O salón de actos da Casa da Cultura de Verín acolle esta fin de semana a proxección do filme “Independence day. Contraataque”. Serán os días 15, 16 e 17 de xullo.

Os pases para o venres serán ás 19:50 e ás 22:45 horas. No sábado, ás 17h, ás 19:50 e ás 22:45h. E na xornada do domingo, os pases serán á mesma hora que o día anterior.

As entradas en taquilla estarán dispoñibles até 30 minutos antes do inicio das sesións. Pero tamén se pode facer reserva anticipada na tenda de lambiscadas Bule Bule.

Artigos relacionados

Back to top button