DeportesÚltima hora

Inés Docampo, Belén García e Lola Bouza do Adas, no Campionato de España Sub18

Belén García, Inés Docampo e Lola Bouza, nunha competición celebrada en xaneiro./ Foto: Club Adas.

 

Entre os atletas galegos que participarán na vindeira fin de semana (17 e 18 de outubro) en Tarragona no Campionato de España Sub18 estarán tres do Club Adas do Barco. A esta cita nacional acudirán un total de 589 dos cales 39 son de Galicia, segundo indica a Federación Galega de Atletismo (FAG). “Os nosos rapaces e rapazas intentarán igualar no colectivo as cinco medallas logradas o ano pasado en Castellón contando para elo ca presenza de varios atletas importantes”, sinalan dende esta entidade.

As barquenses Inés Docampo e Belén García serán as representantes galegas femeninas nos 1.500 m e nos 400 valados. Esta segunda atleta quedaba quinta o ano pasado e que nesta ocasión “conta con serias posibilidades de metal”, tal e como apunta a federación galega.

Ademais neste campionato de España estará a súa compañeira no club valdeorrés Lola Bouza, que competirá en pértega.

Artigos relacionados

Back to top button
Close