A VeigaConcellosÚltima horaVídeos

Inesperado encontro cunha cría de raposo na Veiga

 

As viaxes nocturnas en coche ás veces deparan sorpresas. É o que lle sucedía a unha persoa que durante a fin de semana percorría unha das estradas do municipio da Veiga. Ao circular pola vía observaba a unha cría de raposo que estaba deitada nela, xusto no medio da liña que separa a calzada do arcén.

Para evitar causarlle danos, freaba e detiña o vehículo. A cría saía da estrada ao ver o coche parado, pero, sorprendentemente, non fuxía, senón que se achegaba á persoa en repetidas ocasión, con curiosidade, ata que, finalmente, decidía marchar, tal e como pode verse nas imaxes que compartimos a continuación.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button