En portadaÚltima hora

Ingreso por Covid no Hospital de Valdeorras

O Hospital de Valdeorras/ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Despois de meses libres de virus, a Consellería de Sanidade vén de informar dun paciente con coronavirus ingresado no Hospital de Valdeorras. É o primeiro dende xuño.

Na provincia de Ourense hai neste 21 de 541 casos activos hoxe: 47 ingresados deles 5 na Unidade de Coidados Intensivos e o resto permenacen a seguemento a domicilio. No Hospital Universitario de Ourense hai 30 pacientes en planta e 5 en UCI, no Hospital de Verín son 11 os ingresos en planta e no Hospital de Valdeorras hai un ingreso.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 3.080, con 2.395 curados e 144 falecementos. Polo de agora lévanse realizado na provincia probas PCR 53.777, 643 nas últimas 24 horas.

Primeiro parto dunha embarazada positiva en Covid no Hospital Valdeorras

Ademais do ingreso comunicado hoxe, vén de producirse o primeiro parto dunha embarazada positiva no Hospital Público de Valdeoras, no Barco. “O parto transcurríu sen incidencias e tanto ela como o bebé están ben e marchan hoxe para casa”, informa o Sergas. O positivo da embarazada descubriuse ao facerlle ás probas tras o seu ingreso. Tras alta, terá que gardar corentena.

Máis información:
https://osil.info/margarita-rodriguez-a-poboacion-de-valdeorras-dirialle-que-estea-tranquila-e-que-cumpra-as-medidas-establecidas/

Artigos relacionados

Back to top button