En portadaÚltima hora

Inícianse as obras de mellora de dúas estradas que dan acceso ás canteiras en Carballeda de Valdeorras

O desenvolvemento destes traballos fará necesaria a realización de cortes de tráfico, que serán anunciados e sinalizados previamente

 

Véñense de iniciar as obras de mellora do firme nas estradas autonómicas OU-122 e OU-123, en Carballeda de Valdeorras, no acceso ás canteiras de lousa. Así, desenvolvemento destes traballos fará necesaria a realización de cortes de tráfico, que serán anunciados e sinalizados previamente e contarán cos correspondentes desvíos alternativos para facilitar a mobilidade na contorna.

 

 

A intervención comprenderá melloras na capa de rodadura na estrada OU-122, desde o punto quilométrico 16+400 ata o final, na fronteira coa provincia de León, no 26+260; e na estrada OU-123 ao completo, desde a mesma OU-122 a Casaio. O obxectivo é o acondicionamento dos treitos que soportan o tráfico de vehículos de grande tonelaxe que acceden ás canteiras.

 

 

Ademais, os traballos prevén actuar en todo o ancho da plataforma das dúas estradas e consisten na mellora do estado dos firmes, na limpeza de gabias e no reperfilado de noiros. Tamén incluirán o repintado da sinalización horizontal e a reposición da sinalización vertical e balizamento.

Artigos relacionados

Back to top button