OurenseÚltima hora

Iníciase o expediente para a concesión da distinción de “Fillo predilecto da provincia de Ourense” a Alfredo Conde

É escritor, historiador, político, foi vicepresidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e presidente do PEN Galicia

 

O escritor Alfredo Conde co presidente da Deputació de Ourense, Manuel Baltar.

 

A Deputación de Ourense vén de iniciar o expediente para a concesión da distincioón de “Fillo predilecto da provincia de Ourense”, a Alfredo Conde. É escritor, historiador, político, e foi vicepresidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e presidente do PEN Galicia.

A Deputación propuxo a este autor “pola súa defensa da cultura ourensá ao longo da súa prolífica carreira literaria e como excelente embaixador da intelectualidade da provincia de Ourense”, dixo o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, o pasado 25 de marzo deste ano, cando llo comunicou ao homenaxeado.

Así, ganou diferentes premios no ámbito literario, como por exemplo o Nadal, o Nacional de Literatura, o “Julio Camba” e o “Fernández Latorre”, de xornalismo, o Premio Nacional da Crítica, o “Blanco Amor” de novela, o premio Ateneo de Valladolid, e a medalla Castelao, entre outros recoñecementos. A súa obra, na que destaca Xa vai o griffón no vento, Os outros días, Breixo, e O Beato, ten sido traducida ao inglés, italiano, chino, francés e ruso.

Artigos relacionados

Back to top button