EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Iníciase un novo plan de control da vendima

O obxectivo é o de garantir a calidade dos viños das DD.OO. galegas

Durante a presentación.

 

A Xunta vén de impulsar un novo plan de control da vendima para garantir a calidade dos viños das denominacións de orixe galegas. Este plan presentouse no día de hoxe, nun acto ao que acudiron o conselleiro do Medio Rural, José González, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez.

 

 

O conselleiro explicou que entre as medidas da iniciativa atópase o despregamento dunha vintena de técnicos, os cales se repartiran polas distintas denominacións de orixe.

 

 

“Controlarán cuestións como a entrada de uva nas adegas, a súa procedencia ou que o froito sexa de viticultores e de parcelas inscritos nos rexistros dos consellos reguladores. Ademais, os técnicos vixiarán que se respecte a produción máxima que establece cada prego de condicións para as distintas variedades”, explicaba José González respecto as funcións dos técnicos.

 

Artigos relacionados

Back to top button