EconomíaEconomíaÚltima hora

Iniciativa para paliar os danos no sector apícola polos lumes en Folgoso do Courel

Trátase da campaña "Apadriña unha abella", promovida polo Concello e por Mieles Anta

Publicidade
Cedida.

 

O Concello de Folgoso do Courel e Mieles Anta veñen de acordar lanzar unha campaña de colaboración para axudar a paliar os danos ocasionados pola vaga de lumes do mes de xullo no sector apícola.

Así, aproveitando a campaña ‘Apadriña unha abella’ da empresa con sede en Bóveda, recadarase unha contía de 15 euros por apadriñamento dos que 2 se destinarán aos apicultores do Concello de Folgoso do Courel.

“A cantidade procedente dos apadriñamentos que se faga chegar ao Concello destinarase a axudar a todos e todas aquelas persoas relacionadas co sector apícola que se viran afectados polos incendios forestais deste verán. As persoas que desexen sumarse a esta iniciativa apadriñando unha abella recibirán como agradecemento un diploma acreditativo co seu nome e o que escolla para a súa abella, xunto con un tarro de mel de montaña Mel da Anta de 270gr, un tarro sorpresa e un pau mieleiro”, informan dende o Concello.

Deste xeito, engade esta administración, “apadriñando unha abella, ou as que se queiran, protexémolas, colaboramos na protección da biodiversidade e a seguridade alimentaria e axudamos na recuperación do sector apícola afectado polos incendios que este verán sacudiron O Courel”.

O apadriñamento pode facerse a través da web https://www.mielesanta.com/producto/kit-apadrina-a-una-abeja/

Artigos relacionados

Back to top button