OurenseÚltima hora

Inicio do curso de cociña do programa de itinerarios sociolaborais

Posto en marcha polo Concello de Ourense, dará formación a 15 persoas
Un momento do inicio do curso de cociña.
Un momento do inicio do curso de cociña.

O Centro Municipal de Promoción da Saúde arrincou esta mañá, 16 de maio, o curso de cociña que vai dirixido a minorías étnicas e inmigrantes, posto en marcha polo Concello de Ourense. O alcalde da cidade, Jesús Vázquez, asistiu á inauguración, xunto coa concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy.

Este ciclo formativo terá unha duración de 250 horas e enmárcase nos itinerarios sociolaborais que desenvolve o goberno local. Conta con 15 persoas, que, tras a formación teórica, poderán realizar prácticas profesionais en empresas do sector.

O rexedor aproveitou a súa visita para animar aos alumnos a “ter iniciativa e aproveitar a oportundiade de realizar este curso”. Nel participa o restaurador Tino Iglesias.

Artigos relacionados

Back to top button