SanidadeÚltima hora

Inicio da campaña de vacinación fronte á gripe, na Rúa

Unhas 60 persoas pasaron nesta primeira xornada pola Casa da Cultura onde habilitaron un espazo para vacinar

 

Dende hoxe, martes 13 de outubro, e ata finais de decembro está aberta a campaña 2020 de vacinación contra a gripe. Unha campaña posta en marcha pola Consellería de Sanidade que no caso da Rúa afectará a centos de persoas, especialmente maiores de 60 anos e persoas con patoloxías (o ano pasado vacináronse 900 e a previsión é que este ano sexan máis).

En torno a 60 eran os que se vacinaban nesta primeira xornada da campaña no concello rues que, por motivos de espazo no Centro de Saúde sumado ás medidas tomadas pola pandemia do Covid, ten lugar este ano na Casa da Cultura, a carón do ambulatorio. A iniciativa partía dos propios sanitarios e contaba co total apoio por parte do Concello que se encargou da equipación.

 

Na Rúa, este ano a campaña da vacinación contra a gripe realízase na Casa da Cultura.

 

Así, unha das salas da planta baixa (onde Abertal dá as clases de baile e música tradicional) foi acondicionada a tal efecto, con carteis indicativos, frechas e cintas delimitadoras do espazo no que traballa a enfermeira, para que a xente fose entrando e saíndo sen ningún tipo de contacto.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button