Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Inicio de campaña das municipais coa pegada de carteis, na Rúa

Ás eleccións do 26M concorren cinco formacións políticas

PSdeG-PSOE, BNG, PP, Cs e R.U.A. Son os cinco grupos políticos que concorrerán ás eleccións municipais do 26 de maio no Concello da Rúa.

Malia que leva xa unhas semanas con presentacións de listas, a campaña arrancaba oficialmente na medianoite do 9 de maio coa pegada de carteis. Repartidos por toda a vila, pudo verse aos cabezas de lista de cada partido, acompañados por boa parte dos seus equipos. Luis Fernández Gudiña, actual alcalde, é o candidato do Partido dos Socialistas de Galicia á alcaldía da Rúa; María González Albert repite como candidata polo Bloque Nacionalista Galego; Álvaro José Fernández López estréase como candidato do Partido Popular; Manuel Martínez García concorre por Ciudadanos; e José Vicente Solarat polo R.U.A.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button