CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Inicio de curso progresivo no IES Xermán Ancochea da Pobra de Trives

Seguindo o protocolo do Covid, os primeiros en acceder ás aulas, o 23 de setembro, foron os de 1º e 2º de ESO, 1º de Bacharelato, 1º de Ciclo Medio e 1º de Ciclo Superior

 

De forma progresiva e cumprindo cunhas estritas medidas de seguridade, comezaba o curso escolar 2020/2021 no IES Xermán Ancochea da Pobra de Trives. Igual que noutros centros, debido á situación derivada da Covid-19 a presentación do alumnado tiña lugar de forma gradual por niveis educativos, tendo lugar a presentación de forma progresiva entre os días 23, 24 e 25 de setembro.

Os primeiros en acceder ás aulas o 23, eran os grupos de 1º e 2º de ESO, 1º de Bacharelato, 1º de Ciclo Medio e 1º de Ciclo Superior. Os da ESO tiveron a presentación no salón de actos, para posteriormente manter a reunión cos titores de grupo na aula de referencia. As clases comezaban a partir das 11:30h. Nos seguintes días incorporábanse xa ás clases no horario habitual de 8:30 a 14 horas. Os grupos de 1º de Bacharelato, 1º de Ciclo Medio e 1º de Ciclo Superior (FP) tiñan a presentación ás 11:30h. seguindo a continuación a reunión cos titores e o inicio de clases.

 

Unha aula preparada segundo os protocolos de seguridade anti Covid.

 

Ao día seguinte, xoves 24 de setembro, comezaban o curso os grupos de 3º de ESO, 2º de Bacharelato, 2º de Ciclo Medio e 2º de Ciclo Superior, seguindo o mesmo horario que o día anterior.

Os últimos en iniciar o curso, o venres 25 de setembro, eran os grupos de 4º de ESO e FPB, nos mesmos horarios de presentación, reunión cos titores e clases que os seus compañeiros.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button