En portadaÚltima hora

Inicio inminente das obras de rehabilitación da fachada e da cuberta da Casa Grande de Viloira (O Barco)

Suporán un investimento total de 290.901,39 euros e incluirá tres actuacións principais

 

Conta atrás para o inicio das obras para restaurar, consolidar e poñer en valor a Casa Grande de Viloira (O Barco), unha edificación con máis de 400 anos de historia. Este martes 26 de xullo comezaban a instalarse os andamios como paso previo ao inicio dos traballos de mantemento e restauración que a Xunta pretende acometer neste inmoble, que no ten a súa sede administrativa en Valdeorras.

“É a obra de todo o que é o envoltorio, de toda a parte exterior da Casa Grande de Viloira, humidades, eficiencia enerxética e todo o que é o adecentamento do exterior do inmoble. O inicio será inminente”, explica o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén”.

Esta actuación, “cun alto valor cultural” en palabras do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, suporá un investimento total de 290.901,39 euros e incluirá tres actuacións principais: a restauración da fachada (cun novo enfoscado de cal hidráulica vista, a restauración e consolidación da pedra vista e o saneado de carpinteiría de madeira e forxa), rehabilitación de dous pórticos (o sur, cun novo enfocado de cal hidráulico e saneado da carpintería de madeira; e o este, no que se fará un saneado da pedra vista e os elementos de forxa) e saneado de cuberta de lousa (limpeza de canles e baixantes, recolocación de lousas e reparación de limas e canles ocultos de chumbo).

 

 

A Casa Grande de Viloira é cunha contrución que data de 1637 e a súa anterior rehabilitación tiña lugar en 1996. A superficie da súa fachada suma 1.050 m2 e a de carpinteiría 300 m2, mentres que a superficie de cuberta de lousa chega aos 1.360 m2.

Artigos relacionados

Back to top button