A institución programa unha charla para mañá como peche do curso 2015-2016
O Colexio Oficial de Médicos de Ourense acolle unha charla sobre transversalidade en Medicina mañá ás 20.00 horas que servirá para poñer punto e final ao curso 2015-2016 da institución.
O célebre doutor Fernando Lamata, membro do Comité Executivo da Organización Mundial da Saúde (OMS), será o encargado de celebrar o acto, que afondará en temas relativos á innovación e á financiación pública dos fármacos, o sistema de patentes e outras alternativas. Trátase dun asunto transversal que está no centro dos problemas de sostibilidade dos sistemas sanitarios públicos, tal e como se informa dende o Colexio de Médicos de Ourense.