OurenseÚltima hora

Inspección de primavera dos Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense no Parque Lonia

 

Os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense continúan inmersos en varios proxectos medioambientais. Dentro do Programa Stars España, esta semana desprazábanse a pé ata o tramo apadriñado do río Loña, no Parque Lonia (preto da desembocadura deste río no Miño, en Ourense), para realizar a inspección de primavera dentro do Plan Proxecta, Proxecto Ríos.

Alí, acompañados polo profesor Gonzalo Sánchez retiraron cinceiros xa deteriorados, depositaron envases lixeiros levados ao colexio na campaña Únete ao Reto, e realizaron unha concienzuda limpeza da zona, retirando lixo como neumáticos ou extintores…

No que respecta ao Proxecto Ríos levaron a cabo a medición de varios parámetros, a través das mostras de auga tomadas, que deron os seguintes resultados: auga case transparente; unha temperatura de 17º C, “non demasiado fría pero que permite soportar a vida acuática con maior facilidade”, explica o profesor; o osíxeno disolto de 6 ppm, “que indica claramente que hai osíxeno suficiente para a maior parte das especies”; acidez da auga de 7,36, “un valor lixeiramente básico (plantas e animais acuáticos viven en intervalo 6/8)”; nitratos de valor 5; e auga moderadamente dura (75-150).

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button