OurenseÚltima hora

A acometida eléctrica da EDAR de Ourense, adxudicada por 1,5 millóns de euros

A empresa Eiffage Energía será a encargada da obra, que contará cun prazo de execución de seis meses
As obras para levar alimentación eléctrica á EDAR de Ourense terán un prazo de execución de seis meses.
As obras para levar alimentación eléctrica á EDAR de Ourense terán un prazo de execución de seis meses.

O Ministerio de Medio Ambiente vén de adxudicar as obras para levar a alimentación eléctrica até a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Ourense, que están valoradas en 1.557.431 euros. A axudicataria é a empresa Eiffage Energía, S.L.U., que contará cun prazo de execución de seis meses.

O contrato foi adxudicado a través do Consejo de Administración da sociedade estatal Aguas de las Cuencas de España (Acuaes), dependente do departamento ministerial.

O proxecto para realizar a acometida eléctrica de media tensión requerirá a execución de dúas perforacións para a fixación da tubaxe, unha delas curzará o río Miño, de 210 metros de lonxitude e 560 mm de diámetro, e a segunda será de 40 metros e atravesará a estrada N-120.

Artigos relacionados

Back to top button