DeportesÚltima hora

Instalacións para ciclistas no Hotel Monumento Pazo do Castro

O establecemento barquense conta cun garaxe para bicis, obradoiro, zona de lavado e tenda de repostos
Parte das novas instalacións para bicicletas do Pazo do Castro (O Barco).
Parte das novas instalacións para bicicletas do Pazo do Castro (O Barco).

Pouco a pouco, especialmente coa chegada do bo tempo, estase poñendo de moda viaxar en bicicleta, por iso no Pazo do Castro no Barco de Valdeorras “ofrecemos aos nosos cicloclientes todo o necesario para que podan aloxar tamén os seus vehículos”.

Con este fin, no Hotel Monumento, veñen de inaugurar unhas instalacións especiais para eses turistas que deciden viaxar a dúas rodas. Trátase dun garaxe especial para gardar as bici, un obradoiro para reparalas, zona de lavado e unha tenda con repostos, uníndose á rede Bikefriendly “web especializada en viaxes en bicicleta” explican dende o establecemento hostaleiro.

Entre a oferta do hotel, están tamén rutas para os ciclistas da zona de Valdeorras con distintos niveis de dificultade que poden descargarse dende a propia web de Bikefriendly e nos diferentes dispositivos que utilizan os ciclistas para facer as rutas por montaña e estrada.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button