ConcellosÚltima hora

A Insua dos Poetas acolleu o acto do día da Auga, da Árbore e da Poesía con escolares

Foto de grupo na Insua dos Poetas.

Máis de 200 escolares de oito centros educativos trasladáronse hoxe á Insua dos Poetas, no Carballiño, para celebrar o día da Auga, da Árbore e da Poesía. Os rapaces estiveron acompañados polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que se mostrou satisfeito de participar canda tantos mozos nunha celebración “da ecoloxía en xeral e da ecoloxía lingüística en particular, de respecto á natureza e á palabra”, así como de constatar “que a lingua galega é un medio que para os mozos da comarca do Carballiño resulta natural, pois ben se ve que vos desenvolvedes con soltura no idioma propio de Galicia”.

Tamén estiveron presentes neste acto outras personalidades políticas como o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e o presidente da Fundación Insua dos Poetas e do PEN Galicia, Luis González Tosar.

A Fundación Insua dos Poetas celebra desde hai oito anos este día en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación, co Concello do Carballiño e coa Deputación de Ourense. Habitualmente estas xornadas conmemóranse, de acordo co calendario proposto pola UNESCO, o 21 e 22 de marzo, mais desta volta houbo que adiantalas ata hoxe, 24 de abril, por mor do mal tempo.

Oito centros educativos da comarca do Carballiño, comandados polo IES Manuel Chamoso Lamas, que este curso se encarga da organización do evento, participan este 2017 nos actos conmemorativos que se desenvolven na Esgueva dende as once da mañá. O alumnado convértese en protagonista dunha celebración que leva tempo preparando e na que haberá representacións dramatizadas, lectura de poemas, interpretacións musicais e unha plantación de árbores autóctonas.

Cada centro educativo elixiu unha árbore diferente sobre a que previamente estivo investigando. O CEIP de Beariz, un buxo; o CEIP Nosa Señora de Xuvencos, de Boborás, un salgueiro; o CPI Virxe da Saleta, de San Cristovo de Cea, unha sobreira; o CEIP Virxe da Pena da Sela, do Irixo, unha cerdeira; o IES Manuel Chamoso Lamas, o IES nº 1, o CPR Plurilingüe Sagrado Corazón e o CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro, todos do Carballiño, un carballo, un érbedo, un amieiro e un loureiro, respectivamente. Con esta plantación queren simbolizar o agromar da vida e da palabra.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García 

Artigos relacionados

Back to top button