DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Intensa e soleada tarde de fútbol base na Rúa

O sábado 5 de outubro xogaron no Vicente Solarat Maceda os máis pequeniños do club rues

 

Ata tres partidos se disputaban na tarde do 5 de outubro no campo de fútbol Vicente Solarat Maceda da Rúa, cun balance positivo para o o C.D. Rúa que sumaba dúas vitorias.

Diante dun numeroso público, que enchía as bancadas e tamén animaba a pé de campo, os primeiros en xogar eran os benxamíns que disputaban o seu partido contra SDC Arrabaldo, vencendo 3-2. De seguida tocáballe o turno aos máis pequerrechiños do club, os prebenxamíns que con apenas 7 anos demostraron o seu bo facer sobre no campo aínda que acababan perdendo 1-2 contra o Ribadavia Atl. O terceiro e último partido da tarde era o do equipo alevín A que xogaba contra o CD Velle ao que superaba por 4 goles a 2.

Mañá, domingo 6 de outubro, será outra intensa xornada para o C.D. Rúa. En casa, no campo Vicente Solarat Maceda, xogarán os alevíns do equipo B (ás 12:30h. contra AD Bosco C) e os séniors (ás 17:30h. contra o Amoeiro CF). A domicilio xogarán os outros dous equipos: o cadete no campo Sangoñedo ante o SD Chantada; e o infantil no Campus Ourense contra o CD La Purísima.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button
Close