DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Intensa e soleada xornada de fútbol no campo do Aguillón

Disputáronse cinco partidos da base do C.D. Rúa con tres vitorias e dúas derrotas

Tres de cinco. Foron as vitorias conseguidas polos equipos base do Club Deportivo Rúa na xornada do sábado 20 de outubro, disputando en casa todos os partidos.

Un día soleado e intenso que abrían ás 10:30h. os alevíns, cunha contundente vitoria por 6 goles a 1 ante o C.D. Arenteiro B. O segundo partido era o dos benxamíns que compiten en segunda Galicia, de novo entre o Rúa e o Arenteiro B e tamén os locais saían vitoriosos co 4-0 no marcador final. O terceiro partido da mañá, era o dos cadetes que arrancaba pasadas as 12:30h. e nesta ocasión os rueses perdían por 1 gol a 4 fronte aos do Ourense CF B.

Despois de xantar, eran os infantís os encargados de abrir a sesión de tarde, logrando os do Rúa a terceira vitoira do día ao superar por 7 goles a 5 ao CP Calasancio B. Os últimos en xogar eran os benxamíns que participan na primeira Galicia e desta volta os rueses caían 1-4 ante o Ourense CF.

Mañá, domingo 21 de outubro, tocaralle o turno ao equipo sénior que compite en segunda e enfrontarase ao Toén FS a partires das cinco da tarde.

Nesta galería poden verse imaxes dos partidos dos benxamíns (A e B) e tamén dos cadetes.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button