DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Intensa fin de semana de baloncesto para o MV Barco

O equipo sénior vencía en Calabagueiros ao Betanzos, sumando a segunda vitoria da tempada

Ata nove partidos tiña programados o MV Barco na fin de semana do 12 e 13 de xaneiro, seis deles como local, no pavillón de Calabagueiros.

Os maiores do club, o equipo sénior, resolvía con soltura o seu enfrontamento co Betanzos, ao que superaba por 62-55 sumando a segunda vitoria da tempada. Ao equipo júnior tocáballe descansar e os cadetes caían ante o Depordima: o masculino por 42-54 e o feminino por 31-62.

O infantil feminino xogaba fóra, volvendo para casa cunha contundente vitoria (34-74) ante Blanco Amor. O equipo pre infantil masculino pola súa banda, caía na cancha do Marín Peixe Galego por 68-17.

Con respecto aos equipos alevíns, o masculino perdía 42-38 na cancha do Depordima mentres que o feminino vencía con autoridade (53-2) ao Verín en Calabagueiros.

As fotos da galería corresponden ao partido sénior entre MV Barco e Betanzos.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button