CD BarcoDeportesFútbolGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Intensas sesións de adestramento e moita actividade ao aire libre, no I Campus de Fútbol Feminino

Publicidade

 

Levan dous días e as cativas xa empezan a acusar o cansancio, aínda que non é para menos. Moi intensas e cargadas de actividades están sendo as xornadas no I Campus de Fútbol Feminino que arrancaba en Vilamartín de Valdeorras o pasado domingo 3 de xullo.

Ademais de sesións dobres de adestramento técnico-táctico, adestramento específico de porteiras e valoración técnica, así como competiciós individuais e colectivas, ligas internas e práctica doutras disciplinas (fútbol tenis, pádel, fútbol sala, bádminton, tenis de mesa, voleibol ou rugby, o campus inclúe unha manchea de actividades de tempo libre con veladas, carreiras con obstáculos, descenso en kaiak polo río Sil, sendeirismo, karaoke, bingo, excursións e moito máis.

 

 

Máis información no seguinte enlace: https://www.osil.info/preto-de-30-rapazas-participan-en-vilamartin-no-i-campus-de-futbol-feminino-e-multideporte-da-provincia/

 

 

 

Fotos de vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button