DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Intenso derbi no campo de fútbol do Aguillón, na Rúa

O C.D. Rúa ganaba 4-0 ao C.D. Trives no partido correspondente á xornada 18 en segunda autonómica

Con moita intensidade se desenvolvía o derbi disputado na tarde do 21 de xaneiro no campo de fútbol do Aguillón. Dun lado do campo, o C.D. Rúa de Javi Ferrer chegaban á xornada 18 na metade da táboa dispostos a manter a racha positiva. Do outro lado o C.D. Trives de David Pérez, intentando superar as baixas que lles están complicando o debut na categoría.

Despois de 23 minutos de partido e moito tira e afrouxa por parte de ambos equipos, Lora adiantaba aos locais ao transformar un penalti, rematando a primeira parte co 1-0 no marcador. Nese tempo, o Trives víase obrigado a cambiar de porteiro. Brais substiuía a Roberto que sufría un golpe nunha perna.

Tralo paso polo vestiario, no minuto 56 Ismael marcaba o segundo para o Rúa. Juan seguía sumando, marcando o terceiro no 65′ e Alberto sentenciaba o encontro co cuarto no 79′.

Con este resultado (4-0) o Rúa suma 29 puntos e sitúase no 6º posto. O Trives, pola súa banda, é 8º con 27.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button