CD RúaDeportesFútbolGalerías de fotosÚltima hora

Intenso día de fútbol para a base do CD Rúa no campo Vicente Solarat Maceda

Os alevíns comezan a tempada goleando (11-1) ao CF Monforte

 

Con tantos equipos de base que ten o CD Rúa, dende o inicio da tempada hai oito días, as fins de semana son moi intensas no campo de fútbol Vicente Solarat Maceda.

Sen ir máis lonxe, na xornada deste sábado 17 de abril aos pequenos do Rúa tócalles disputar en casa tres bonitos partidos. Os primeiros en xogar eran os alevíns, aos que corresponden as imaxes da galería, que se estreaban na tempada xa que a primeira xornada era de descanso para eles. Comezaban ás once e media desta soleada mañá e goleaban (11-1) ao CF Monforte. De seguido tocáballe o turno aos benxamíns que tamén xogaban contra o Monforte.

 

Xogada do partido entre os alevíns do Rúa e do Monforte.

 

Pola tarde será o turno dos cadetes que xogarán contra a SD Chantada. Tamén lle tocaba xogar ao equipo prebenxamín pero o seu rival nesta segunda xornada, o Velle, retirábase da competición co cal os do Rúa descansan.

A domicilio xogan esta fin de semana os outros dous equipos da base do Rúa. O xuvenil, hoxe contra o Pabellón Ourense CF “C”; e o infantil, mañá contra o Barco en Calabagueiros.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button