CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Intenso e “terrorífico” Samaín no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco

Malia ter que restrinxir a celebración a cada aula, organizaron infinidade de actividades

 

Tamén o Samaín/ Halloween estivo este ano condicionado pola pandemia do coronavirus. Por iso no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras tiveron que restrinxir a celebración a cada aula. O que non cambiou con respecto a outros anos foi que o alumnado que así o quixo puido acudir ao centro disfrazado para a ocasión “co condicionante de non traer complementos nin maquillaxes”, puntualizan dende o centro, asegurando que malia as circunstancias fixeron un bo feixe de actividades.

Así, na xornada deste venres 30 de outubro, fixeron montaxes por ciclos das fotos do alumnado coa súa cabaza decorada (pódense ver as montaxes na web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcondesafenosa/) e ademais, nas aulas proxectáronse películas e curtas de medo, así coma documentais sobre as orixes do Samaín. Os nenos tamén tomaron merendas terroríficas, xogaron a xogos terroríficos, protagonizaron desfiles de modelos espeluznantes, adornáronse as aulas, elaboráronse e pintáronse antefaces, cabazas, bruxas, arañeiras, pantasmas e morcegos.

 

 

E por se todo iso fose pouco, os cativos tamén visualizaron cancións e coreografías do Samaín, traballaron vocabulario específico desta celebración (tanto en inglés coma en galego e castelán), fixéronse cadros para pegar fotos deste día, visualizouse algún capítulo dunha serie de terror para nen@s, debuxos guiados e un longo etc.

Fotos: CEIP Condesa de Fenosa

Artigos relacionados

Back to top button