DeportesPescaÚltima hora

Intenso mes para o Club Spinning Valdeorras con varias saídas de pesca e competicións autonómicas

 

Moi intenso e completo está sendo este mes de maio para o club de pesca deportiva Spinning Valdeorras, con competicións e saídas sénior e infantil.

Xa no primeiro de mes, o domingo 1 de maio facían unha saída de pesca para adultos na alta montaña, desprazándose ata Chandrexa de Queixa; e na seguinte fin de semana tiñan unha dobre cita. Por unha banda, o sábado e o domingo dous membros do club, Javier Calvo e Rubén Simón participaban no campionato autonómico de salmónidos lance no río Cabe en Monforte de Lemos; e por outra, os pequenos do club desfrutaban dunha quedada de pesca en Vilamartín de Valdeorras.

Na fin de semana do 14 e 15  de maio tocáballe o turno ao autonómico de salmónidos mosca que se celebraba no río Limia en Ourense, onde compiten os mellores do mundo e no que participaba Tomás Araújo do club valdeorrés.

Aínda que a experiencias en ambos autonómicos foi moi boa para os membros do club, “quedar na metade da táboa non foi suficiente para ir ao nacional”, di o presidente, Daniel Prada, adiantando que para o vindeiro domingo 29 de maio teñen programada outra saída de pesca sénior, desta volta pola Veiga.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button