A RúaConcellosÚltima hora

Intervencións de Protección Civil da Rúa no marco das Xornadas de Folclore

Recolleron un can cunha ferida na cabeza e retiraron un niño de velutina

 

Moi activa foi para os voluntarios de Protección Civil da Rúa a noite do martes 9 de agosto. En teoría a súa función debería terse limitado a controlar e velar pola seguridade no desenvolvemento das Xornadas de Folclore, no campo do Aguillón, pero finalmente realizaban outras dúas intervencións.

Recollían un can perdido e cunha ferida na cabeza; e ao rematar o folklore ían eliminar un niño de vepa velutina que parecía pequeno pero estaba nun burato dunha caseta no campo de tiro con arco.

Dende Protección Civil solicitan que se alguén recoñece o can, se poña en contacto con eles no 661 828 002.

 

O can aparecido onte pola noite no Aguillón.

 

Fotos: Protección Civil da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button