SanidadeÚltima hora

Interveñen unha festa nun cámping de Santiago que incumpría as medidas sanitarias do covid

A maioría dos asistentes non levaban mascarilla nin mantiñan o distanciamento social obrigatorio

Vehículo da Policía Autonómica.

 

A Policía Autonómica ven de denunciar a o responsable da organización dunha festa celebrada o pasado sábado, 1 de agosto, nun cámping de Santiago de Compostela que non cumpría as medidas sanitarias obrigatorias fronte ao coronavirus. Unha vez no recinto, os axentes puideron comprobar que a maioría dos asistentes non cumprían o distanciamento social nin levaban mascarilla, polo que informaron por megafonía aos participantes das medidas sanitarias obrigatorias. Os asistentes cumpriron as instrucións da policía dende ese momento.

O corpo policial proporá ás autoridades competentes unha sanción ao organizador por infrinxir as medidas vixentes para frear a expansión da pandemia do coronavirus. A Policía Autonómica traballa en labores de información, disuasión, control e proposta de sanción no marco do plan específico destinado á inspección e control das medidas ante a covid-19.

Artigos relacionados

Back to top button
Close