ConcellosÚltima hora

Inundacións pola chuvia en varias rúas de Verín

 

As intensas precipitacións que se producían nesta tarde de domingo en Verín provocaron algunhas inundacións nas rúas de Vicente Risco, Avenida de Laza, Rúa Mayor e Xesús Taboada Echevite. “En concreto, víronse afectados garaxes, vivendas e rúas, pero sen causar danos persoais”, segundo informa o 112 Galicia.

Era a partir das cinco desta tarde cando o 112 Galicia comezaba a recibir as primeiras chamadas de veciños que daban conta da situación creada pola chuvia.  De inmediato o persoal do Centro Integradod e Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos Bombeiros de Verín, así como aos axentes da Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil.

Artigos relacionados

Back to top button