ConcellosÚltima hora

Investigado un condutor que circulaba en sentido contrario durante 31 km na A-52, en Verín

Imaxe cedida.

 

Unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín interceptaba na madrugada do mércores na autovía A-52, á altura de Verín, a un vehículo que circulaba sentido Benavente polos carrís reservados ao sentido Vigo.

Sobre a 01:20 horas, a central de emerxencias 112 avisaba da circulación dun vehículo en sentido contrario pola zona de As Estivadas. Activado o protocolo establecido para o efecto, os gardas civís lograban interceptalo preto da saída de Verín.

“O condutor, que manifestou sufrir un accidente na incorporación da citada autovía en Xinzo de Limia, incorporouse no devandito lugar á calzada do sentido Vigo pero sentido Benavente, lanzando taxas positivas de 0,72 e 0,70 nas probas de alcol, tendo pendente a determinación de inxesta de drogas no seu organismo, mediante o resultado do laboratorio homologado pertinente”, segundo informa a Dirección Xeral da Garda Civil.

A escaseza de circulación ás devanditas horas e a rápida actuación dos gardas civís permitiu evitar as consecuencias que “esta perigosa actuación delituosa puido orixinar”, segundo a Garda Civil. O condutor poderíase enfrontar a penas de prisión dun a dous anos, multa de seis a doce meses e privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores de seis a dez anos.

Artigos relacionados

Back to top button