OurenseÚltima hora

Investígase a un condutor que circulou en sentido contrario na autovía Verín-fronteira portuguesa


Interceptación do vehículo na A75./ Cedida.

 

Unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín, xunto cunha patrulla do Posto de Seguridade Cidadá da Garda Civil de Verín, interceptaron na mañá do mércores na autovía A-75, á altura do km 2, do termo municipal de Verín, a un vehículo que circulaba en sentido á citada vila polos carrís reservados ao sentido Portugal.

“Sobre a 10:30 horas, a central operativa COTA avisaba da circulación dun vehículo que circulaba en sentido contrario, pola zona de Verín. Activado o protocolo establecido para o efecto, os gardas civís lograban a interceptación do mesmo preto da saída de Verín. O condutor, un home de 70 anos domiciliado en Baltar (Ourense), manifestou non acordarse do lugar concreto no que accedera á autovía, polo que non se pode determinar o espazo que percorreu e dado que o resultado da proba de alcoholemia foi negativo, propúxoselle para unha revisión extraordinaria pola posible perda de condicións psicofísicas que lle impidan conducir”, tal e como informa a Garda Civil.

A escaseza de circulación ás devanditas horas e a rápida actuación dos gardas civís lograron evitar as nefastas consecuencias que esta perigosa conduta puido orixinar.

O condutor poderíase enfrontar a penas de prisión dun a dous anos, multa de seis a doce meses e privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores de seis a dez anos, segundo a Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button