ConcellosÚltima hora

“Invisibles”, unha aproximación á violencia de xénero dende o teatro en Viana

No marco dos actos do 25-N, Redrum presentará esta obra teatral o 18 de novembro ás 19h na casa de cultura de Viana do Bolo

 

Sobre o escenario da Casa da Cultura de Viana do Bolo representarase o vindeiro domingo 18 de novembro a obra de teatro “Invisibles” da compañía Redrum. Esta peza, dirixida por Marián Bañobre, é un espectáculo “de creación colectiva a partir da novela homónima de Monste Fajardo, que presenta ante o público diversas historias cun fío común entre elas: a violencia de xénero”, segundo a propia compañía.

Esta interpretada por un elenco de tres actrices: Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez. A obra fai unha “exposición de historias reais protagonizadas por mulleres galegas, historias sobre malos tratos, algunhas delas xa coñecidas polo público pola súa repercusión mediática. A pretensión fundamental deste espectáculo é concienciar e sensibilizar ás espectadoras e aos espectadores con esta secuela que invade a sociedade”, din dende a compañía.

Esta obra forma parte do programa de actividades deseñado polo Concello de Viana do Bolo con motivo do 25 de novembro.

Artigos relacionados

Back to top button