CulturaCulturaÚltima hora

Ir Indo presentará no Barco unha guía didáctica e unha biografía sobre Florencio Delgado Gurriarán

O acto será o xoves 31 de marzo na biblioteca municipal e contará coa presenza dos autores, Débora Álvarez, Tania Pérez e Xosé Ramón Campos

 

Continúan os actos sobre o poeta de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) que será homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Desta volta trátase da presentación, da man de Edicións Ir Indo, dunha guía didáctica para traballar a súa obra con escolares e unha nova biografía sobre Florencio Delgado Gurriarán.

Débora Álvarez Moldes, directora do proxecto As letras de Florencio, é a autora da proposta didáctica que será unha ferramenta clave para o traballo nos centros educativos no ano das Letras de Florencio. No caso da biografía, os autores son Tania Pérez Pérez e Xosé Ramón Campos e nela analizan a figura de Florencio abordando o seu legado cultural, político e literario.

A presentación será este xoves 31 de marzo ás 20 horas na Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán do Barco de Valdeorras e contará coa presenza, ademais dos autores, da concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta e do xerente de Edicións Ir Indo, Xelasio Suárez. Tralo acto servirán un refrixerio procurando xerar unha conversa sobre a potencialidade da obra de Florencio no eido educativo, entre os asistentes.

Artigos relacionados

Back to top button