DeportesÚltima hora

Iria Fernández (Adas) proclámase campioa galega absoluta nos 10 km ruta

A atleta facíase co título autonómico en Xinzo de Limia cunha marca de 39.26. O título masculino da cita quedaba en mans de Rubén Diz (Ourense Atletismo)
Iria Fernández (Adas), campioa galega absoluta nos 10 km, no podio./ Foto: FGA.

O Club Adas do Barco segue sumando títulos. Desta volta facíao da man de Iria Fernández que se proclamaba vencedora absoluta no Campionato de Galicia de 10 km ruta que se celebraba na pasada fin de semana en Xinzo de Limia.

Fernández vencía cunha marca de 39.26 e compartía podio con outras dúas atletas ourensás: Sonia Teijeiro e Victorina Losada, ambas do Burgas Ourense.

Na categoría masculina o ganador era Rubén Diz (Ourense Atletismo) cun rexistro de 32:32. O podio masculino galego completábase con José Canda (A. Arenteiro) e Javier Paredes (Burgas Ourense).

 

Artigos relacionados

Back to top button