DeportesÚltima hora

Iris, Anxela e Lola (C.D. Rúa) e Paula (C.D. Arenteiro), coa selección comarcal feminina sub 12 de Ourense

Non é a primeira vez que Anxela Fernández (benxamín A) e Iris Acevedo (benxamín B) son convocadas pola selección comarcal feminina Ourense sub 12, pero si é a primeira vez para Paula Peña (alevín).

As tres pequenas da base do C.D. Rúa e do C.D. Arenteiro foron chamadas polos técnicos provinciais para adestrar en Ourense co combinado provincial a comezos de mes. Do Rúa tamén foi convocada Lola.

Malia non haber datas para o primeiro partido oficial, o adestrador das cativas no Rúa, Luis María Ferrer, adianta que “posiblemente será na ponte de decembro”.

Nestas imaxes podemos ver ás xogadoras con Luis, tralos partidos disputados na mañá do 20 de outubro no campo do Aguillón.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button