CulturaCulturaÚltima hora

Isabel Risco convertirase en “Nabiza Girl” en Viana

A actriz presentará este monólogo de humor o vindeiro domingo 24 de marzo ás 20h. na Casa da Cultura da vila

Monólogo de humor no vindeiro domingo na Casa da Cultura de Viana do Bolo. A actriz Isabel Risco presentará na vila o seu espectáculo “As aventuras de: Nabiza Girl”, no que se convirte nunha “superheroína rural galega con denominación de orixe protexida e os meus poderes proveñen do sulfato!”.

A actuación está prevista para o 24 de marzo ás 20h. Esta actividade “está enmarcada dentro da programación para conmemorar o Día da Muller e entra dentro da programación que a ReaOU oferta aos concellos”, segundo se indica dende o Concello de Viana do Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button