EconomíaEconomíaÚltima hora

Isabel Seco e Verónica Vieira, autoras dos carteis gañadores das Festas de Verán e da Baco Festa da Rúa

As valdeorresas recibían o premio no Concello de mans do alcalde, Luis Fernández Gudiña
O alcalde da Rúa coas premiadas que amosan os carteis gañadores.

Un mes despois de facerse público, o alcalde da Rúa Luis Fernández Gudiña, entregaba os premios ás gañadoras dos concursos dos para elixir os carteis para as dúas citas festivas de referencia no mes de agosto na Rúa: as Festas de Verán e a Baco Festa. Facíao na mañá do 23 de xullo, cos carteis xa impresos e espallados pola vila.

O cartel deseñado por Isabel María Seco Pérez que amosa un sol estival sobre A Rúa será o que anuncie as Festas de Verán da localidade valdeorresa, que se celebrarán do 2 ao 6 de agosto.

Por outra banda, a deseñadora gráfica Verónica Vieira González é a autora do cartel que anunciará a V edición da Baco Festa que se celebrará do 10 ao 12 de agosto. Un orixinal deseño centrado na Ponte da Cigarrosa con referencias ao viño (con acios de uvas brancas e tintas) e por suposto ao mundo romano.

Os dous deseños premiados foron elixidos por un xurado formado polo concelleiro de Cultura e catro vogais e recibiron 150 euros cada un.

 

O cartel da Baco Festa 2018, obra de Verónica Vieira.

 

O cartel das Festas da Verán da Rúa, obra de Isabel Seco.

Artigos relacionados

Back to top button