DeportesÚltima hora

Isidoro Hornillos, reelixido presidente da Federación Galega de Atletismo

Lograga o apoio do 92% dos asistentes á asemblea xeral que se celebraba na tarde do 10 de novembro na Coruña
Isidoro Hornillos, intervindo durante a asemblea xeral da FGA do 10 de novembro./ Foto: FGA.

Por cuarta ocasión consecutiva Isidoro Hornillos vén ser elixido presidente da Federación Galega de Atletismo (FGA) na asemblea xeral que esta entidade celebraba na tarde do 10 de novembro. Nela Hornillos lograba o 92% dos apoios nos votos emitidos, segundo a información facilitada dende a federación. O outro aspirante á presidencia, Joaquín Pérez non obtiña ningún voto e emitíanse tamén tres votos en branco.

Na súa intervención tras resultar reelixido presidente, Isidoro Hornillos expresaba o “meu compromiso de presentar o Plan Estratéxico da FGA 2018/2022 na vindeira asemblea a celebrar en decembro no que se recollen as liñas estratéxicas e liñas transversais que derivan en máis de 100 medidas de acción” . Tiña tamén palabras de agradecemento para todo colectivo atlético polo seu amplo respaldo, destacando de maneira en especial a presenza de Sergio Vázquez para o que tería un especial recoñocemento.

O reelecto presidente declaraba tamén “recibir este mandato con moita responsabilidade pero tamén con moita motivación e ilusión para abordar os múltiples proxectos entre os que destacan a celebracion do Campionato de España Absoluto indoor 2020 e a implantacion do Circuito galego de pista entre outras moitas medidas”.

Isidoro Hornillos naceu en Castronuño (Valladolid) pero é galego en adopción dende os sete anos. Leva toda unha vida adicada o atletismo. Xa dende atleta acadaría a internacionalidade en vintesete ocasións, sendo campión de España absoluto e plusmarquista nacional o que lle levaría a tomar parte nos XX.OO. de Moscú-80. A nivel profesional é profesor de Universidade da Coruña e Doutor en Educación Física exercendo ademais de presidente da FGA durante as tres últimas lexislaturas, de presidente da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA)

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close