CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Isidro G. Tato fala no Barco sobre o wolfram e “as minas de Valborrás”

Orientada aos centros escolares, a charla do historiador forma parte no ciclo sobre a minería en Valdeorras

Se o doutor en Xeoloxía Víctor Cárdenes daba unha conferencia sobre a lousa, o mineral por excelencia en Valdeorras, o historiador e investigador Isidro García Tato facíao sobre o wolfram. No marco do ciclo de conferencias A Minería en Valdeorras, organizado dende a biblioteca municipal do Barco, García Tato achegábase ata o Teatro Lauro Olmo na tarde do 21 de novembro para falar deste mineral, pero dende un punto histórico, centrado na evolución da minas de wolfram en Casaio (Carballeda de Valdeorras) e o argumento do documental “Lobos sucios”.

Trala visualización do filme, no Teatro Lauro Olmo, o conferenciante achegouse dun xeito ameno e dinámico aos asistentes, explicándolles a través de imaxes e documentos as tres fases da explotación deste mineral no Macizo Galaico-Leonés: a belga (1913-1928), a alemana (1938-1945) e a final (1945-1963), centrándose na época alemana que é a que se reflicte no documental do que Isidro García discrepa no título. “Wolfram non significa lobos sucios como pretenden os autores, senón escuma de lobo e a orixe deste nome atopámola no século XVI nunhas minas de Saxonia da man dun minerólogo. Ao ir a fundir o estano, aparecía un mineral que o facía desaparecer e describía o feito dun xeito precientífico este mineral come o estaño igual que o lobo come á ovella e como nome figurado e teolóxico puxéronlle escuma de lobo“, explicou García Tato, asegurando a modo de conclusión que despois de cincuenta anos de explotación, o que debería facerse agora “coas minas de Valborrás é manter esas ruínas como lección da historia do que non se debe facer porque o wolfram era utilizado para fabricar armas e estas para matarnos uns aos outros, e a paz é o únido ao que pode aspirar a humanidade”.

A seguinte conferencia do ciclo será este soves 24 de novembro ás 20 horas na Biblioteca Florencio D. Guarriarán a cargo de José Fernández Pérez que falará dos minerais en Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button