ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Isidro García analiza a evolución da reforma protestante no Casino do Barco

“A reforma protestante é un dos fenómenos máis importantes da historia”, destacaba o investigador e teólogo valdeorrés Isidro García Tato na tarde do 24 de novembro no Casino do Barco. El era un dos dous ponentes do ciclo organizado por esta entidade con motivo da conmemoración do quinto centenario da reforma protestante.

Tras ser presentado por Félix González, promotor desta iniciativa impulsada pola Asociación Casino do Barco, García Tato lembraba como foi o seu descubrimento e achegamento á figura de Lutero e ao protestantismo, algo que culminaba durante a súa formación en Alemaña e na elaboración da súa tese doutoral.

Despois, referíase “ás variadas familias das que naceu a reforma” e aos seus principios comúns retomando a cuestión dos cinco solos, exposta xa na conferencia do teólogo Adolfo Rodríguez, o día anterior. Ademais aludía ás causas da ruptura da cristiandade “que foron múltiples”. Na súa intervención centrábase na evolución da reforma protestante dende o século XVI ata a actualidade.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button