CulturaCulturaÚltima hora

Isidro García Tato é nomeado tenente de honra 2016 de Cornatel

O título foille concedido pola Asociación de Amigos del Castillo de Cornatel y su entorno
Isidro García Tato é natural de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras). /Foto: Carlos G. Hervella.
Isidro García Tato é natural de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras). /Foto: Carlos G. Hervella.

O científico valdeorrés Isidro García Tato vén de sumar un novo título ao seu dilatado curriculum. Na asemblea celebrada o pasado 14 de febreiro no concello de Priaranza del Bierzo (León), a Asociación de Amigos del Castillo de Cornatel y su entorno acordaba nomealo tenente de honra de 2016 “en recoñecemento á divulgación que fixo da fortaleza medieval nas súas publicacións e conferencias”.

García Tato é científico titular do Consello Superior de Investigaciones Científicas (CESIC), doutor en Filosofía e Teoloxía e Membro Mérito do Instituto de Estudos Valdeorreses.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close