CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Isidro García Tato diserta no Barco sobre o Convento de Correxais

A conferencia, impartida na tarde do 9 de xaneiro, estivo organizada polo IEV

Dende a súa orixe ata o actual estado de deterioro e abandono. Coa minuciosa exposición que o caracteriza e aportación de numerosos documentos que atestiguan o citado, Isidro García Tato, científico titular do Consello Superior de Investigaciones Científicas CESIC, doutor en Filosofía e Teoloxía e Membro Mérito do Instituto de Estudos Valdeorreses, ofrecía na tarde do 9 de xaneiro unha conferencia sobre o Convento dos Trinitarios Descalzos de Correxais, “o único desta orde de Galicia” dixo o conferenciante antes de rematar a súa intervención, denunciando o estado no que se atopa, sen ser posto en valor e con moita e variada documentación espallada por múltiples arquivos “o que dificulta o seu estudo”, dixo.

Durante a disertación, García Tato explicou que a instalación definitiva do convento en Correxais (Vilamartín de Valdeorras) tivo lugar no ano 1727, despois e numerosos problemas e tralas correspondentes licencias por parte do Conde de Ribadavia, a Bula Fundacional do Papa Benedicto XIII, e a renuncia do Dr. Xoán Valdivieso y Montenegro ao curato de Correxais, xogando un papel fundamental, a figura do vicario valdeorrés Toribio Trincado y Prada “artífice da fundación”, dixo o conferenciante.

Segundo Isidro García, ao longo dos anos que permaneceu aberto (tras anos pechado o edificio foi subastado en 1846), os principais cometidos do convento eran a cura de almas e a educación da mocidade da contorna, destacando a figura do Xurisconsulto Benito Arias de Prada como alumno, comezando en Correxais un extenso e impresionante curriculo académico.

Na conferencia, celebrada no salón de actos do edificio multiusos do Barco, García Tato estivo acompañado polo presidente do IEV, Aurelio Blanco, e polo responsable da sección de arqueoloxía do Instituto, José Fernández.

Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button