Neste 17 de marzo Isolina Bergantiños López, veciña do municipio de San Xoán de Río, está de aniversario. Cumpre 106 anos. Dende o Concello, o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez, vén de manifestarlle os seus parabéns a” ela e a toda a súa familia”.
Ademais destaca que este municipio é unha “terra de lonxevidade. A nosa zona ten a maior esperanza de vida do planeta”, indica o rexedor.