ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Isolina e Daniela, protagonistas dun emotivo Día da Muller Rural en San Xoán de Río

Recibían unha homenaxe dos seus veciños e do Concello na mañá deste 15 de outubro

A veciña de máis idade de San Xoán de Río, Isolina Bergantiños (104 anos), e  máis nova, Daniela González (5 meses), recibían a homenaxe dos seus veciños no salón de plenos do Concello no marco da celebración neste 15 de outubro do Día Internacional da Muller Rural.

Resultaba un acto moi emotivo que agradecían tanto Isolina como a mai de Daniela, sostendo á meniña nos brazos. No seu decurso lembrábanse os motivos desta celebración, recoñecida dende o 2008 pola Unesco.

“O obxectivo principal é festexar este día e visibilizar a importancia que merece a achega económica, social e cultural que desenvolven as mulleres en áreas rurais de todo o mundo. A pesar de ser tan produtivas e boas xestoras como os homes, non dispoñen do mesmo acceso á terra, créditos e materiais agrícolas, mercados ou cadeas de produtos cultivados de alto valor”, tal e como se indicaba no Concello.

Ademais neste acto reivindicábanse cuestións como a “necesidade de manter e mellorar os servizos públicos no rural e medidas de apoio social e económico” para a conciliación, a promoción do empoderamento económico das mulleres, o fomento do emprendemento feminino no rural ou lograr a visibilidade da muller rural.

Fotos: Xosé Miguel Pérez.

Artigos relacionados

Back to top button