CulturaCulturaÚltima hora

ITH actúa mañá, venres 3 de febreiro, na Sala Baranda do Barco

A banda de rock en galego chega por primeira vez ao Barco dentro da súa xira 2017
ITH recibe o seu nome do fillo de Breogán.

Mañá, venres 3 de febreiro, chega por primeira vez ao Barco de Valdeorras ITH, a banda que cumpre xa máis de 15 anos de traxectoria musical facendo rock en galego.

Quince anos resumidos en tres maquetas, un disco gravado en directo, un CD en acústico e un DVD ao vivo, así como numerosas actuacións por toda Galicia, chegando a compartir escenario con bandas como Los Suaves e ter actuado en festivais como o da Luz. O ano pasado lanzaban o seu primeiro  disco de estudo titulado Forte co que comezaban de cero. Un disco cheo de temas entre o rock e o pop máis enérxico especialmente forte nos directos.

Quen así o desexe poderá comprobalo no concerto que darán a partires das 23:30h. na Sala Baranda, onde comezan a súa xira 2017.

 

Cartaz da actuación de ITH na Sala Baranda do Barco de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close