A gala comezará ás 20h. e inclúe actuacións musicais, sorteos e aperitivos veganos
Para loitar contra o abandono e o maltrato animal nacía hai catro anos a protectora Peludines Callejeros de Valdeorras que celebrará o aniversario este sábado 12 de xaneiro. Será na Sala Baranda a partir das 20h. cunha gala que incluirá actuacións, sorteos e unha degustación de aperitivos veganos.
O apartado musical correrá por conta dos grupos Interés Variable, Os Piñeiros Band e Banda-los, ademais do dúo Tote García (guitarra acústica e voz) e Alfonso Mantecón (piano e coros).
A entrada será un donativo de 5 euros.