EconomíaEconomíaÚltima hora

O IV Astrotrevinca pretende consolidar A Veiga como referente do astroturismo

A cita levarase a cabo entre os días 22 e 24 de setembro e está dedicado a todos os públicos xa que haberá relatorios con expertos e observacións guiadas do ceo
Óscar Blanco, Rosendo Fernández e Juan Anta. // Foto: Carlos Asensio.

A IV edición de “Astrotrevinca”, no concello da Veiga, celebrarase os vindeiros días 22,23 e 24 de setembro. Segundo explicou o organizador deste evento, Óscar Blanco, na presentación de hoxe, 8 de setembro, o programa consta de de dúas noites de observación guiadas con telescopio: “levaremos un dos maiores telescopios de Galicia”, contou. Ese mesmo día tamén contarán con 5 relatorios relacionados coa astronomía e “logo a xente tamén terá tempo de percorrer A Veiga”. Nesta presentación tamén amosaron o vídeo promocional deste evento no que se amosan imaxes tomadas dende o teito de Galicia.

 

Neste senso, o alcalde da localidade, Juan Anta, asegurou que este evento “estase consolidando como referente da astronomía de Galicia”. O rexedor municipal explicou que dende a súa administración están “apostando por isto” xa que isto atrae a un turismo familiar “que se convirte nun tipo de turismo sostible”, dixo. Asemade, Anta foi ambicioso ao asegurares que o seu obxectivo é que a Veiga “sexa o referente do astroturismo de España”.

Astrotrevinca está pensado para todos os públicos, “tanto expertos, como afeccionados e interesados en introducirse no mundo da astronomía”, asegurou Óscar Blanco. E o alcalde da Veiga asegurou que “haberá máis sorpresas ao longo deste ano relacionadas con este tema”.

Pola súa banda, o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, fixo referencia ao astroturismo como “un turismo emerxente” e informou que A Veiga é un dos 11 destinos “Starlight” do mundo. “Starlight” é unha asociación sen ánimo de lucro que se encarga de buscar os mellores puntos do mundo onde poder observar o ceo e Trevinca é un deses puntos.

Texto: Carlos Asensio. 

Artigos relacionados

Back to top button