OurenseÚltima hora

IV Campaña de recollida de alimentos das agrupacións de Protección Civil ourensás e da Xunta

O vindeiro día 8 de xaneiro realizarase a segunda entrega co material doado ao abeiro desta campaña

 

Un total de 33 agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da provincia ourensá, entre as que están as de Manzaneda e O Bolo, están a realizar, a través servizo de Emerxencias, unha campaña de recollida de alimentos co obxectivo de colaborar coas familias máis necesitadas.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acudiu hoxe ao almacén que o Banco de Alimentos ten na cidade para facerlle entrega ao presidente do Banco de Alimentos de Ourense, Cecilio Santalices, dos alimentos non perecedoiros recollidos ata o momento. Aceite, legumes, pastas, leite son algúns dos alimentos que centos de ourensáns doaron para esta campaña.

A campaña ten como lema ‘Por un Nadal feliz para todos’, e destacou o labor desinteresado e altruísta das AVPC en favor dos máis desfavorecidos que por cuarto ano consecutivo promoven esta iniciativa. O vindeiro día 8 de xaneiro realizarase a segunda entrega co material doado ao abeiro desta campaña.

 

Artigos relacionados

Back to top button